Mostrando entradas con la etiqueta Sobrado dos Monxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sobrado dos Monxes. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de mayo de 2012

Cruceiro de Santa Maria Sobrado dos Monxes

 Cruceiro o lado do Mosteiro de Santa Maria de Sobrado dos Monxes
Sobrado dos Monxes: es un municipio de España en la provincia de La Coruña, comunidad autónoma de Galicia.1
O concello de Sobrado atópase situado no ángulo suroriental da provincia de A Coruña,limitando coa provincia de Lugo, a súa identificación está determinada polo Mosteiro que lle dá nome ao municipio: Sobrado dos Monxes.

O termo municipal está situado entre os 42º 59’ e os 43º 08’ de latitude norte e os 7º 55’ e os 8º 06’de lonxitude oeste. Limita ao norte co concello de Curtis, ao leste cos de Vilasantar e Boimorto, ao sur cos de Melide e Toques e ao oeste, xa na provincia de Lugo, os de Guitiriz e Friol.

Ao oeste, a serra de Cova da Serpe e os Montes do Corno do Boi separan ao municipio da provincia de Lugo. Xunto cos concellos de Toques, Melide e Santiso constitúe a comarca de Terra de Melide.

A extensión territorial do municipio é de 120,24 Km2, polo que é bastante máis grande que a media dos municipios de Galicia (94 Km2). Organizándose o seu territorio en dez parroquias: Carelle, A Ciadella, Codesoso, Cumbraos, Folgoso, Grixalba, Nogueira, Porta, Pousada e Roade.

Son 167 as súas entidades, que cun índice de 1,39 núcleos/Km², o sitúan por encima da media provincial, deducíndose a dispersión de pequenas aldeas por todo o municipio. Distribuída nestas aséntase unha poboación de 2.130 habitantes, o que aporta unha densidade de poboación de 17,71 hab/Km², case a cuarta parte da media galega.