Cruceiro o lado do Mosteiro de Santa Maria de Sobrado dos Monxes
Sobrado dos Monxes: es un municipio de España en la provincia de La Coruña, comunidad autónoma de Galicia.1
Sobrado dos Monxes: es un municipio de España en la provincia de La Coruña, comunidad autónoma de Galicia.1
O concello de Sobrado atópase situado no ángulo suroriental da provincia de A Coruña,limitando coa provincia de Lugo, a súa identificación está determinada polo Mosteiro que lle dá nome ao municipio: Sobrado dos Monxes.
O termo municipal está situado entre os 42º 59’ e os 43º 08’ de latitude norte e os 7º 55’ e os 8º 06’de lonxitude oeste. Limita ao norte co concello de Curtis, ao leste cos de Vilasantar e Boimorto, ao sur cos de Melide e Toques e ao oeste, xa na provincia de Lugo, os de Guitiriz e Friol.
Ao oeste, a serra de Cova da Serpe e os Montes do Corno do Boi separan ao municipio da provincia de Lugo. Xunto cos concellos de Toques, Melide e Santiso constitúe a comarca de Terra de Melide.
A extensión territorial do municipio é de 120,24 Km2, polo que é bastante máis grande que a media dos municipios de Galicia (94 Km2). Organizándose o seu territorio en dez parroquias: Carelle, A Ciadella, Codesoso, Cumbraos, Folgoso, Grixalba, Nogueira, Porta, Pousada e Roade.
Son 167 as súas entidades, que cun índice de 1,39 núcleos/Km², o sitúan por encima da media provincial, deducíndose a dispersión de pequenas aldeas por todo o municipio. Distribuída nestas aséntase unha poboación de 2.130 habitantes, o que aporta unha densidade de poboación de 17,71 hab/Km², case a cuarta parte da media galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario