miércoles, 31 de agosto de 2016

Cruceiro en Oca


Cruceiro en Oca (Coristanco)
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de talón invertido. O pedestal é cuadrangular moi moldurado e cunha grande escocia na que ten gravados de cruces e medallóns nas que hai inscricións que din entre outras cousas: “EN 1880 SIENDO…”. Leva tamén unha mesa acaroada. O varal é cadrado con chafráns comenzando en cadrado e cos paramentos recadrados. Ten os símbolos da paixón: coroa, escada, tenaces, martelo, tres cravos, dúas serpes e custodia. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados, volutas, follas de “camelia” e unhas caras. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza para adiante sen coroa de espiñas. Ten un pergamiño coas siglas INRI e o seu pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo anverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación tirando a regular.

Cruceiros en el Hio



Cruceiros en el Hio (Cangas de Morrazo)