Cruceiro en San Martiño de Ozón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía.
En esta parroquia se encuentra unos de los horreos, mas grande de Galicia.
O mosteiro de Santa María de Ozón foi construído, ao parecer, polos membros do mosteiro de Santa María de Tosto, da orde de San Bieito, que decidiron mudarse debido ós continuos saqueos sufridos no edificio da parroquia de Xaviña (Camariñas).
Os primeiros documentos coñecidos onde se cita a existencia do mosteiro datan do século XIV. En 1302 o testamento de Frei San Juan lega ao mosteiro 200 soldos no auto de profesar a regra de San Francisco. En 1334 Leonor González, muller de Luís Soga de Lobera, fai firme no seu testamento a doazón que fixera con anterioridade ao mosteiro de Ozón para que os seus frades lle nomeen a súa alma, segundo se ve nun documento conservado consérvase no Tumbo de San Xusto de Toxos Outos (Lousame).
Apenas se conservan restos do edificio. A entrada ao mosteiro é un pasadizo con arco oxival entre o muro sur da igrexa e o muro que fai de cerca á horta da casa reitoral. Tamén no muro sur da igrexa hai un arco tapiado similar ao anterior, onde estaba a porta da comunicación do cenobio coa igrexa. Na parte máis achegada á igrexa do edificio, onde está a casa reitoral, está o antigo lagar para facer viño. Na fachada deste mesmo edificio hai incrustadas na parede, xunto unha ventá, unhasgárgolas procedentes do antigo claustro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario