viernes, 15 de junio de 2012

Cruceiro en Lema (Carballo)

Cruceiro na parroquia de San Cristovo de Lema é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGEen 2009 tiña 497 habitantes (254 mulleres e 243 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 560 habitantes.
 Lema intégrase dentro do espazo natural de Razo-Baldaio. A parroquia acolle a maior parte da zona das marismas que integran este complexo xunto ás dunas. Confórmase así un ecosistema único, no que se concentra abundante e diversa vexetación que serve de refuxio a diferentes especies de aves, peixes e crustáceos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario