Mostrando entradas con la etiqueta Moeche. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Moeche. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de mayo de 2012

Cruceiro en San Xurxo (MOECHE)

 Cruceiro en San Xurxo, MOECHE, a o lado co castelo
O Castelo de Moeche sitúase na parroquia de San Xurxo, no concello de Moeche, na comarca de Ferrol, provincia da Coruña, na cabeceira do val sobre o que se asenta.

É un castelo medieval do século XIV que pertenceu á nobre familia dos Andrade (señores feudais), construída en cachotería de xisto e perpiaños nos esquinais, arcos e almeas. Mestura trazos señoriais e defensivos. Rodéase o conxunto por un foxo pouco profundo.
A planta é octogonal, e conserva unha torre da homenaxe de 18 metros de altura, planta cadrada e tres pisos en madeira. Os seus muros alcanzan os 4 metros de espesor abertos por estreitas seteiras cara ao exterior e mais abertas no interior. Crese que o primeiro piso foi despensa, o segundo prisión e o terceiro refuxio dos donos do castelo, xa que tiña paso ao patio de honra. Nesta obsérvanse tres escudos gravados (os osos da casa de Osorio, os leóns e castelos da de Enríquez, o de Valcárcel e os roeles dos Castro) . No seu ángulo norte presenta un torreón circular con escaleira de caracol que contribuía a distribución do paso de ronda. Acédese a torre desde o patio de armas.